Orella pendella
Páxina que busca difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as novas formas de diversión e...
Ler MáisQuedamos na casa!
Benvidos e benvidas a este novo espazo de aula! Dende a Xunta de Galicia ordénase a suspensión das clases presenciais e dende o centro acordouse que todas as aulas mantiveran un blogue como xeito de comunicación. Dende aquí iremos promovendo diariamente diferentes actividades e tarefas que deben realizar os nenos e nenas. Lembrarvos que nos temos a “sorte” de estar afeitos ao traballo con tarefas en “Google Classroom” e “EVA”, polo que fundamentalmente seguiremos traballando deste xeito. Este blogue creamolo para cubrir esta necesidade, pero será un...
Ler Máis




