Cerebriti

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Enredos, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Portada, Recursos, Valores, Xeral

Cerebriti

Cerebriti é un portal de xogos sobre cultura xeral creados polos propios usuarios. Seguro que atopas ese xogo que buscas. Dá igual o específico ou estraño que sexa. En Cerebriti ademais, poderás competir cos teus amigos para demostrar quen é o que máis sabe. E todo iso mentres mantés as túas neuronas en forma. Cada un de vós ten un nome de usuario e un contrasinal. Abaixo podedes ver os nomes de usuario, pero necesitades o contrasinal. Mandaréivolo a cada un que o pida en un COMENTARIO DESTA TAREFA en Google Classroom...

Ler Máis

Retos e desafíos matemáticos

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Áreas Curriculares, Matemáticas, Xeral

Retos e desafíos matemáticos

Ao longo destas semanas traeremos unha serie de retos, desafíos e problemas matemáticos que deberedes ir resolvendo día a día. Gardade os resultados porque a finais da vindeira semana deberedes resolver un cuestionario con todos eles....

Ler Máis

Icía quere cambiar o mundo

Posted by on 16 de Marzo de 2020 in Ciencias Sociais, Lingua Galega, Portada

Icía quere cambiar o mundo

Lembrades a visita ao parlamento? Agasalláronnos con este libro. Agora que estamos estudando a organización territorial de España, ímolo ler. O libro é un achegamento á vida e actividade parlamentaria, a través dos ollos duns nenos que comenzan a descubrir a democracia e o seu funcionamiento. Espero que vos guste. Podes obter unha copia en PDF na biblioteca de publicacións electrónicas do Parlamento de Galicia. Autora: Fina Casalderrey Ilustracións: Carmen...

Ler Máis

Aula de inglés en Google Classroom

Posted by on 15 de Marzo de 2020 in Inglés

Aula de inglés en Google Classroom

Iria, a vosa profesora de inglés, creou un aula en G-classroom para facilitarvos as tarefas que ides facer durante estes días. Teredes que darvos de alta na clase e para iso lembrade que na parte superior dereita da pantalla tedes un icono [+] que debedes premer para despois introducir o código da clase.

Ler Máis

Galicia encantada

Posted by on 15 de Marzo de 2020 in Portada, Recursos, Xeral

Galicia encantada

Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso. Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva. Desta nosa veciñanza, herdeira das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos as súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros. Para saber quen e como son só tedes que buscalos nesta enciclopedia; escribide o seu nome...

Ler Máis