#Resistiré
##Resistiré 2020, o himno gravado por máis de 30 artistas para vencermos xuntos ao coronavirus. Seguro que xa coñeces a canción e ao mellor xa sabes a letra. Nós hoxe propoñémoste que xogues con nós nun karaoke moi especial. Para practicar aquí tes o vídeo, a letra para aprendela e mesmo podes imprimir a letra coas palabras ocultas da canción do karaoke. Resistirás a tentación? O vídeo A Xogar! A letra Imprime a ficha . Participan: Alex Ubago, Andrés Suárez, Álvaro Soler, Blas Cantó, Carlos Baute, Conchita, David Bisbal, David Otero, David Summers, Despistaos, Diana Navarro, Dvicio, Efecto...
Ler Máis#CirqueConnect
Un novo especial do Circo do Sol. Que marabilla!! O venres,3 de abril, o “Cirque du Soleil”sorprendeunos cun novo programa especial #CirqueConnect. Nesta ocasión foi unha hora pertencente ao seu espectáculo “AmaLuna” Amaluna é unha fusión das palabras ama, que se refire a “nai” en moitos idiomas, e lúa, un símbolo de femineidade que evoca a relación entre nai e filla, e a idea da deusa e protectora do planeta. Amaluna tamén é o nome da misteriosa illa onde se desenvolve a historia.! ❤ Para os que non tivestes a oportunidade de ver o espectáculo en directo aquí tedes...
Ler MáisPara lermos en galego no día do libro infantil e xuvenil
Feliz, Feroz. Vaia tropa! e Fred Quincalla forman parte da iniciativa da Editorial Xerais para facilitar algunhas lecturas en galego que abran portas nestes días complicados, A nós só nos queda facilitarvos o acceso a tres deles a través do carrusel de imaxes que tedes abaixo. Toca disfrutar lendo en galego!! E Para iso temos moitas outras ofertas nestes tempos de #quedonacasa. Aquí tedes enlaces a algunhas delas. Xerais Baía Galicia le Feliz, feroz é un encantador libro para primeiros lectores/as do Hematocrítico; Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, é unha das...
Ler MáisDía Internacional do Libro Infantil 2020
Como todos os anos o IBBY (International board on books for young people) promove á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A iniciativa prentende promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai e lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville. :· Cartel 2020 :· “Fame de palabras” :· Autores :·...
Ler MáisArte en papel
Oorigami é a arte de dobrar o papel, é unha arte milenaria de orixe xaponesa que sen utilizar elementos externos como poden ser as tesoiras ou o pegamento, consegue obter case calquera tipo de figura de papel. Nesta páxina atoparás moitos animais de papel moi fáciles de facer. Están explicados paso a paso en vídeo, para que poidas seguir todas as instrucións dunha forma sinxela. Anímaste a facelos todos? Imos aló...
Ler Máis




