“Zed”, máis circo por favor!!
O Circo do Sol regresou o pasado 17 de abril cun novo show para todos os seus seguidores e facer máis levadeiro o confinamento pola crise sanitaria do coronavirus. Trátase dun programa dunha hora de duración que inclúe algúns dos números máis especiais de ‘ Zed’, un espectáculo creado en exclusiva para Xapón e inspirado no Tarot e os seus Arcanos. Un gran despregamento de luces, cores e sons dá vida a esta singular obra, que o Circo do Sol define como unha viaxe por dous universos opostos, o ceo e a terra, que viven en harmonía. É un mundo imaxinario polo que viaxa Zed, un...
Ler Máis“Aves enjauladas” engaiólanos
Rozalén compuxo ‘Aves Enjauladas’ co obxectivo de acompañar e axudar. A música está a xogar un papel moi relevante nestes tempos de quedar na casa, a súa compaña faise imprescindible; Rozalen achéganos a súa arte e, ao mesmo tempo, aporta o seu grao de area á causa das iniciativas solidarias, faino cunha canción, ‘Aves Enjauladas’, na que todos os beneficios recadados irán parar á ONG Entreculturas. ‘Aves Enjauladas’ naceu nas primeiras semanas deste confinamento e agora, co seu lanzamento, todo o recadado irá destinado a unha rede de pisos para mulleres e familias en risco de exclusión...
Ler MáisRadio Picariña
Máis de mil cancións en lingua galega dirixidas aos máis pequenos na primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega. Entre os autores dos temas que se inclúen podemos atopar a Fofó, Chuches Amil, Mamá Cabra, Joao Afonso, Alonso Caxade e Sara Vidal. Esta canle dixital da Radio Galega ofrece a posibilidade de seleccionar a música que queiramos escoitar navegando pola listaxe de cancións. Radio Picariña Clica na imaxe de Radio Picariña e selecciona a icona para acceder á listaxe de cancións. Podes desprazarte coas frechas e clicar na canción que queiras...
Ler MáisTeBeOs para unha pandemia
A solidariedade do mundo da cultura coa sociedade é un dos signos característicos destes tempos nos que estamos. Os autores de cómic non se fixeron esperar, e son xa varios os que ofrecen, gratuitamente, publicacións en formato electrónico para axudar a soportar este confinamento . A Asociación cultural Tebeosfera mantén na súa páxina web unha lista actualizada das iniciativas que no mundo da banda deseñada van aparecendo con motivo da crise mundial do coronavirus. Esperamos que atopedes algo que vos guste. Imos...
Ler MáisAlegría, Kooza e KÀ
O “Cirque du Soleil” convidounos onte, venres 10 de abril, ao seu terceiro especial, unha vía de escape do día a día a través da diversión e a alegría dos seus espectáculos. A todos os que nos gusta o mundo do circo deixáronnos abraiados con este programa no que puidemos desfrutar dalgúns dos mellores momentos dos espectáculos Alegria, KOOZA e KÀ! Actualmente o Cirque du Soleil mantén 20 producións ao longo do todo o mundo, polo que esperamos algún novo especial para facernos, coa súa arte, máis levadeiras as próximas semanas de confinamento.❤ Para os que non tivestes a...
Ler Máis




