As pitas baixo a choiva
Agradecidos quedamos á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra polo seu xeneroso xesto de compartir nestes tempos este proxecto. aspitas.gal As pitas baixo a choiva by A banda das pitas Esta é a nota coa que fan entrega á sociedade dos materiais do seu porxecto para o seu uso educativo. Nós facemos acopio deles e abofé que lle imos sacar partido. Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa Asociación se fan cada ano. Neste caso ían...
Ler MáisLendo na fiestra
Ler para ver claro e, ás veces, cambiar a dirección da mirada Ler permítenos ver, mirar, descubrir, aprender, acariñar, ir, soñar, crer. Por un instante o mundo da fantasía faise realidade no noso maxín, que se libera e debuxa unha e mil imaxes, únicas, nosas, irrepetibles, inesquecibles. Fiestras polas que mirar e ler o mundo: o noso e os outros Nun intre podemos atoparnos noutro mundo, máis aló das estrelas, sermos outra persoa ou un animal da selva, podemos navegar por mares descoñecidos ou xogar nun parque xelado. Vivir outra vida, noutra dimensión, noutro lugar, noutro tempo. Un libro é...
Ler MáisMóvete connosco na casa
Trátase do programa posta en marcha pola Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, “Móvete connosco na casa”. A través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñouse unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos. Móvete connosco na casa
Ler Máis“Aves enjauladas” engaiólanos
Rozalén compuxo ‘Aves Enjauladas’ co obxectivo de acompañar e axudar. A música está a xogar un papel moi relevante nestes tempos de quedar na casa, a súa compaña faise imprescindible; Rozalen achéganos a súa arte e, ao mesmo tempo, aporta o seu grao de area á causa das iniciativas solidarias, faino cunha canción, ‘Aves Enjauladas’, na que todos os beneficios recadados irán parar á ONG Entreculturas. ‘Aves Enjauladas’ naceu nas primeiras semanas deste confinamento e agora, co seu lanzamento, todo o recadado irá destinado a unha rede de pisos para mulleres e familias en risco de exclusión...
Ler MáisCoronavirus no es un príncipe (ni una princesa)
A publicación, aberta e gratuíta para calquera familia nesta ligazón, persegue atopar unha fórmula para explicar aos pequenos a crise sanitariaA historia foi escrita pola xornalista segoviana María Coco con ilustracións da rioxana Sara Ramírez baixo a coordinación da tamén xornalista salmantina María R. CocoComo explicar aos máis pequenos a situación que estamos a vivir? Como poñer en palabras sinxelas un momento tan complexo? Esta foi a pregunta que se fixo a xornalista segoviana María Coco o pasado venres, 13 de marzo, cando se anunciou a declaración do estado de alarma. En casa, xunto aos...
Ler Máis