Feliz día do libro
Bulebule bótavos en falta pola biblio e ten unha proposta para todos nós co gallo do día do libro. Un agasallo agárdavos no Blog da Biblioteca
Ler MáisLer fainos únicos
Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós. Texto de Manuel Gago e fotografía de Harold Iglesias · Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos...
Ler MáisQuédate na casa
O profesorado e o persoal non docente do colexio quixemos facer este vídeo para animar aos nenos e nenas, para que sigan sendo tan felices coma sempre e porque xa queda menos para á volta á escola. Ánimo!!!
Ler MáisMóvete connosco na casa
Trátase do programa posta en marcha pola Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, “Móvete connosco na casa”. A través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñouse unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos. Móvete connosco na casa
Ler Máis“Baca”, coidando a lectura
Kuala Lumpur desenvolverá un ambicioso programa como Capital Mundial do Libro. O ano de celebracións comezará o 23 de abril de 2020, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Kuala Lumpur, capital de Malasia, é coñecida como cidade de contrastes pola súa diversidade. A xente de Kuala Lumpur procede de diferentes orixes culturais e de moitas etnias. O obxectivo da cidade é fomentar unha cultura da lectura e a inclusión Baixo o lema “ KL Baca (que significa ler e pronúnciase “ba-cha”) – coidar a través da lectura”, o programa céntrase en catro temas: a lectura en todas as súas...
Ler Máis




