Soños ateigados de rúas desertas
Que difícil é afacernos a ver as rúas desertas estes días!!! Imos aproveitar a situación como inspiración para o noso novo RETO LITERARIO: Título (podédelo cambiar): “Soños ateigados de rúas desertas” O noso relato comeza así: A herba crecía nas rúas desertas. os ventos xemeron ao cruzaren as desertas prazas. o día vai comezar … Pasos para elaborar o noso conto ou poema (TI DECIDES): Primeiro esquece o “coronavirus”, non pode formar parte do relato. Pensa no que te suxire o comezo da historia que te propomos. Procura ser creativo/a e buscar as palabras axeitadas...
Ler MáisA reflexión viral dunha psicóloga sobre o coronavirus
Nos últimos días volveuse viral a seguinte reflexión da psicóloga italiana Francesca Morelli, que ofrece visión novedosa e diferente da situación que estamos a vivir e que parécenos oportuno compartir con todos e todas vós. Creo que o universo ten a súa maneira de devolver o equilibro ás cousas segundo as súas propias leis, cando estas se ven alteradas. Os tempos que estamos a vivir, cheos de paradoxos, dan que pensar… Nunha era na que o cambio climático está a chegar a niveis preocupantes polos desastres naturais que se están sucedendo, a China en primeiro lugar e a outros tantos...
Ler Máis#Músicaviral no Isaac
Lara, a vosa profesora de música, preséntavos o novo espazo de música. #Musica viral no Isaac. Benquerid@s rapaces! Nestes días de reposo e de illamento nas nosas casas, dende este entorno virtual abrimos unha fiestra á música e a comunicación entre tod@s nós. Aproveitaremos esta xanela para amosar algunhas das tarefas relacionadas coa música para estar a tope de enerxía estes días. Unha aperta musical e agarimosa!! Vémonos pola rede!!! E lembrade, estes días… na casiña!! 👌 A cantar e...
Ler MáisPortal das palabras
O Portal das Palabras ten unha navegación dobre. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e, navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados. O Portal contén, tamén, un potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Unha versión similar desta ferramenta pode ser...
Ler MáisAula de relixión en Google Classroom
Ana, a vosa profesora de relixión, seguirá utilizando a aula de Google Classroom para propoñervos as tarefas durante o tempo que teñamos que permanecer nas casas.
Ler Máis