Ler fainos únicos

Posted by on 22 de Abril de 2020 in Lingua Galega, Portada

Ler fainos únicos

Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós. Texto de Manuel Gago e fotografía de Harold Iglesias · Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos...

Ler Máis

Quédate na casa

Posted by on 21 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Portada, Xeral

Quédate na casa

O profesorado e o persoal non docente do colexio quixemos facer este vídeo para animar aos nenos e nenas, para que sigan sendo tan felices coma sempre e porque xa queda menos para á volta á escola. Ánimo!!!

Ler Máis

Móvete connosco na casa

Posted by on 21 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Educación Física, Enredos, Portada, Recursos, Valores

Móvete connosco na casa

Trátase do programa posta en marcha pola Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, “Móvete connosco na casa”. A través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñouse unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos. Móvete connosco na casa

Ler Máis

“Baca”, coidando a lectura

Posted by on 20 de Abril de 2020 in Áreas Curriculares, Inglés, Lingua Castelá, Lingua Galega, Portada

“Baca”, coidando a lectura

Kuala Lumpur desenvolverá un ambicioso programa como Capital Mundial do Libro. O ano de celebracións comezará o 23 de abril de 2020, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Kuala Lumpur, capital de Malasia, é coñecida como cidade de contrastes pola súa diversidade. A xente de Kuala Lumpur procede de diferentes orixes culturais e de moitas etnias. O obxectivo da cidade é fomentar unha cultura da lectura e a inclusión Baixo o lema “ KL Baca (que significa ler e pronúnciase “ba-cha”) – coidar a través da lectura”, o programa céntrase en catro temas: a lectura en todas as súas...

Ler Máis

“Zed”, máis circo por favor!!

Posted by on 19 de Abril de 2020 in Enredos, Música, Plástica, Portada, Xeral

“Zed”, máis circo por favor!!

O Circo do Sol regresou o pasado 17 de abril cun novo show para todos os seus seguidores e facer máis levadeiro o confinamento pola crise sanitaria do coronavirus. Trátase dun programa dunha hora de duración que inclúe algúns dos números máis especiais de ‘ Zed’, un espectáculo creado en exclusiva para Xapón e inspirado no Tarot e os seus Arcanos. Un gran despregamento de luces, cores e sons dá vida a esta singular obra, que o Circo do Sol define como unha viaxe por dous universos opostos, o ceo e a terra, que viven en harmonía. É un mundo imaxinario polo que viaxa Zed, un...

Ler Máis